APRAZADA ATA NOVO AVISO

Roteiro en favor da Fundación Andrea.

 Neste espazo iremos publicando cantas novas se produzan en relación con esta actividade, e proximamente un album de fotos.

Por terceiro ano consecutivo colaboramos coa organización da andaina e roteiro cultural solidarios en favor da Fundación Andrea, de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Máis información sobre esta fundación.

O percorrido desenvolverase polo concello de Taboadela, concretamente tanto a andaina coma o roteiro cultural, partirán do local social da Rabeda da Asociación de Veciños da Rabeda, e rematarán tamén alí.

Se queres participar nalgún dos percorridos, deberás inscribirte na conta ES64 2100 4876 032200044308 da Fundación Andrea, ingresando 10€ que irán integramente destinados á Fundación Andrea facendo constar en Concepto:nome, apelidos, DNI - ASOU.

 

Se non poideses participar nas camiñadas, tes tamén a posibilidade de ingresar como "Dorsal 0" a mesma cantidade ou a que ti consideres.

A inscrición como participante nas camiñadas da dereito a seguro de accidentes, avituallamento en rota, xantar e actuacións de folclore tradicional.

A saída terá lugar ás 10:30 h do Local Social da Rabeda. Aquí tedes cómo chegar.

30 de marzo de 2019

Precioso día de roteiro cultural e andaina solidarios a favor da Fundación Andrea (www.fundacionandrea.info)
Unha satisfacción ter colaborado coa iniciativa e un orgullo a dedicación dos demais voluntarios, participantes, colaboradores e protección civil.

 

VÍDEO | FOTOS