FOTOS, aqui

DESCRICIÓN

Dende a pasarela de Outariz, seguiremos o curso do río da Burata subindo por un Camiño Real ata A Conchada. Dende aí, por unha senda con abraiantes vistas sobre a cidade de Ourense e o Miño, chegaremos ás ruinas do Mosteiro de Naves. Continuaremos polo Camiño Real que baixa cara Untes e voltaremos polas beiras do Miño. Roteiro de grande interese natural, histórico e etnográfico.

APARCADOIROS, dúas opcións:

Pola estrada de Reza, aparcadoiro a carón da ponte de Outariz. Ou, pola estrada vella de Vigo, aparcadoiro próximo ao Muíño da Veiga. Despois terás que camiñar ata a pasarela de Outariz.

Powered by Wikiloc