Designed by olwebdesign
VIA AURIA: Sente orgullo da túa terra. Sente orgullo de ti

Montefurado | FOTOS DO ROTEIRO

Xa o primeiro cronista oficial do Reino de Galicia, o alaricán Frei Felipe de la Gándara, da conta no 1667 dunha obra "misteriosa" do emperador Trajano realizada para "facer ostentación do seu poder, a imitación dos reis de Exipto que co mesmo fin fabricaron as pirámides de Menphis".

Pero non foi o único na Gallaecia. Véxase este interesante traballo do arqueólogo Gustavo Pascual Hermida sobre"Os montes furados" da Gallaecia, na súa páxina Más que Petroglifos.

O propósito desta xigantesca obra non era outro que facer un burato atavesando un meandro do Sil para aproveitatar o ouro.

A tradición oral mantén a memoria dunha fortaleza que coroaba o monte furado polos romanos e no 1851 un xornalista de Compostela, José Rúa Figueroa publica un artigo no Semanario Pintoresco Español no que se pode ler: «Coroa unha das crestas do monte un forte de construción nonmoi antiga.Na nosa guerra peninsular, serviu de asilo e de punto de defensa aos que trocaban da noiteámañaaeixadapolo fusil(guerrillas contra a invasión napoleónica); hoxe só serve como punto de meditación e de descanso a cantos cruzan os vales de Quiroga para contemplar o magnífico espectáculo do monte Furado»

Ilustración de Daniel Urrabieta Vierge (finais do s. XIX)

Documentada a súa estrutura por Francisco Coello en 1864, inicialmente presentaba unha lonxitude de 120 metros que, tras o seu derrubamento en novembro de 1934 se viu reducida ata 52 metros por mor dunha riada. O Sil voltaría ao seu antigo cauce, sulagando terras e cultivos.

Neste plano podemos apreciar tamén a existencia da fortaleza no seu cumio e que se supón, dado que non se aprecian restos, que o denominado Castelo de Pena do Corvo, desapareceu co derrubamento.

Planta do túnel romano de Montefurado, por Francisco Coello, 1864.

(C) Instituto Geográfico Nacional de España.