Condicións

 

CONDICIÓNS

• 1 Como apuntarme?

PLAZAS E INSCRIPCIÓNS: A asignación de número de praza farase definitiva sempre e cando a leves pagada e non pertenza de forma definitiva ao seu ocupante habitual. Ata que ocupes unha praza realmente libre, non poderás facerte coa definitiva e pode que vaias en distinto lugar cada vez, agás acordo entre ti e quen ocupa a praza.

Se sendo ocupante definitivo, non podes voltar na inmediata seguinte e sí en outra ruta, deixa pagada a reserva, indicando en que mes volves e gardaráseche exactamente o número que ocupabas ata a túa volta que consideraremos pagada e que deberás comunicarnos con antelación suficiente antes de que se cubra cun provisional; de non ser así, ocuparías -se queda algunha- o que houbese libre ou provisional nese intre. En caso de non poder vir a algunha ruta, para recuperar os cartos e non perder a praza, deberás:

• Chamarnos (Tel 630 283 440, en horario de 17.00 a 20.30 h) por se hai lista de espera.

• De non haber ninguén en espera, poderás cubrila con algún conocido, familiar, etc, sempre que nos dés previamente e por teléfono e, como mínimo un día antes da ruta, o seu nome, apelidos, DNI, data de nacemento e lugar de parada.

• Non se admitirá a ninguén que non teña realizado estes pasos .

• En ningún caso se admitirán máis participantes dos que ocupan praza no autocar. Polo tanto, rexeitaremos calquera outra forma de participación, como, por exemplo, ir en coches particulares, nin xiquiera pagando igual ca os que vamos en autocar.


• 2 ¿Hasta cando podo apuntarme?

Normalmente cóbrase no autobús a inscrición da seguinte ruta. Casos:

• O teu nome aparece no listado de inscricións: podes pagar nese momento, do contrario perderás o dereito á praza que ías ocupando e posteriormente, se regresaras cubrirías calquera outra praza que quedara vacante no autocar, se a houbera.

• O teu nome non figura no listado de inscricións: significará que vas ocupando a praza de alguén que, téndoa pagada, avisou que non pode vir.

• Se durante o mes que queda ata a ruta, ves que podes e che apetece vir, poderás chamarnos ao 630 283 440, en horario de 17.00 a 20.30 horas, e a partir do luns seguinte para que che digamos se queda algunha praza. Só en caso de que che confirmemos que hai praza, dasnos o teu nome, apelidos e parada elexida e disporás de 48 horas para ingresar o importe na conta de ABANCA ES76 2080 0471 7530 4000 2209, indicando ao bancario que poña en "concepto" o teu nome e apelidos, con iso é suficiente para saber quen o efectuou. Isto tamén se aplica aos que non veñen ese día no autocar. Transcurridas 48 horas sen ingresar o importe, entendemos que xa non vés e causarás baixa.

• Se xa non quedan prazas, podémoste anotar en Lista de Espera e, en canto xurda algunha, chamámoste nós.

 

• 3 ¿Como e cando cancelar a inscrición?

Ata 8 días antes do día da saída programada. Exemplo: Se a saída é o sábado 24 de xaneiro, terás ata o venres 16 ás 20.30 horas para cancelar a inscrición. Faralo vía telefónica ao 630 283 440.



 Como consecuencia, automáticamente terás pagada a do mes inmediato seguinte (neste caso,     febreiro) e seguirás conservando o número de praza que ocupabas. 

  Se non chamas nese prazo ou avisas con posterioridade ás datas e horarios referidos para facer a   cancelación, perderás o dereito a ter pagada a seguinte e, cando volvas, ocuparás o número de praza   que esté libre.

 

• 4 ¿A que hora se sae e se regresa?

A hora de saída depende do lugar de destino e a de regreso, da época do ano, segundo a luz. As rutas duran dende as 7.30 – 8.00 ou 9.00 da mañán, ata as 18.30 - 19.00 -19.30 – 20.00 ou 21.00 horas no punto que indiquemos para cada ocasión, e tendo en conta, que podemos facer outra parada para tomar algo no camiño, se os organizadores así o decidimos, antes de voltar a Ourense.

Puntualmente avisarase por mail a quen nolo facilite e, polo momento, neste blogue do horario exacto de saída para cada ruta.


• 5 ¿De onde se sae e a onde se regresa?

Paradas de Bus onde se recolle e se volve deixar aos participantes:

En Ourense:

  • Posío. Rúa do Progreso, parada de Bus do Parque do Xardín en sentido - Parque de San Lázaro.
  • Alameda. Rúa do Progreso, parada de Bus xunto ao Bispado, en sentido - Parque de San Lázaro.
  • Parque de San Lázaro. Parada de Bus fronte á Subdelegación do Goberno, en sentido - Barrio da Ponte
  • A Ponte. Rúa Vicente Risco, parada de Bus, xunto ao edificio da antiga escola de Maxisterio.

Noutra poboación:

Cando veñas dun pobo que quede en camiño cara a ruta, non será preciso que collas o transporte en Ourense. Chámanos para facérnolo saber e recollémoste no punto da estrada que che veña ben, sempre que o autobús poida parar nel. Á volta, se así o desexas, podes avisar ao condutor e baixarte no mesmo punto.

Tanto para Ourense como para outros puntos, sempre debes indicarnos en que parada te vas subir. En caso de que queiras cambiarte a outra,chámanos ou manda un whatsapp polo menos un día antes para avisar e, que así o resto dos participantes non te estén esperando innecesariamente, porque retrasarías toda a organización.

HORARIOS

Os horarios son, dependendo do lonxe que quede o destiño á hora que se fixe e cada 5 minutos na parada seguinte, empezando polo Posío cara a Ponte.

A puntualidade é primordial por respecto aos outros participantes e pola optimización do tempo na actividade.


• 6 ¿É necesario asociarse?

Non. Pero deberás (chega con que o fagas unha vez, para sempre) facilitarnos os seguintes datos:  DNI, nome completo e data de nacemento. 


• 7 ¿Vaise en autocar?

Sí, agás nos roteiros libres e gratuitos. Serán contratados e xestionados polos organizadores.

En caso de extravío dalgun efecto persoal dentro do autobús, ponte en contacto con:

Autocares Alfer. R./ Salvador de Madariaga , nº 1 - 32003 - Ourense – Galicia Telf: (+034) 988 245 556 - Fax: (+034) 988 225 642


• 8 ¿Os asentos están numerados?

Sí. Sobre a asignación de prazas, leer o punto número 2 ( ¿Cómo apuntarme? ) e punto número 3 (¿Como e cando cancelar a inscrición?).


• 9 Modus operandi da organización

Previo estudio cartográfico e historiográfico da zona, prepárase a actividade in situ fuxindo, no posible, de rotas xa marcadas e do asfalto, e prevendo e analizando todo tipo de incidencias. Agás rarísimas excepcións, non facemos rotas circulares, sempre son lineais e ó final recóllenos o autobús para voltar a Ourense.

Anuncio, polo momento, neste bloque e por correo electrónico a todos aqueles que nolo faciliten na Inscrición. Algunha vez farase uso dunha lista de distribución de Whatsapp; nunca dun grupo de Whatsapp, para preservar a privacidade de cadaquén.


• 10 ¿Como é un día de ruta?

Antes de camiñar:

Terás que estar na parada de bus que nos teñas indicado á hora en punto, en todas as paradas igual, porque nas primeiras a xente, mais ca seren puntuais, está uns minutos antes.

Execución da actividade: varios voluntarios comproban, listado en man, que cada persoa sobe na parada que lle corresponde e partimos cara o noso destino onde se recrea e ilustra todos aqueles aspectos que sexan de especial interese con respecto os fins que persegue Via Auria, e onde os organizadores -Ángel e Elena- imos identificados como tales e permanentemente localizables no 630 283 440, prestando axuda e información a tódolos participantes.

PARADA INTERMEDIA: Antes de chegar ao punto onde comeza a ruta, faise unha parada de 30 minutos para acodir ao lavabo, tomar un café, mercar cousas necesarias ou para estirar as pernas, etc. e, ao mesmo tempo, para fomentar o coñecemento, cohesión e cordialidade entre os participantes.

Está prohibido permanecer de pé no autobús. Se precisas comunicarte co guía ou o conductor fai pasar a voz ou aproveita que o autobús esté parado ou haxa algunha parada, dependendo do grao de necesidade ou urxencia.

Procura deixar a mochila no maleteiro sobre todo cando o autobús vaia cheo.

Leva calzado para cambiarte; é aconsellable pola túa comodidade e para non manchar o autobús. Se non o levas, ten a precaución de limpar un pouco as botas antes de subir.

Non deixes obxectos ríxidos ou pesados nos compartimentos superiores poden caer sobre alguén e producirlle lesións. Está prohibido terminantemente fumar no autocar – Segundo normativa vixente.

Levar máscara cirúrxica ou FFP2 no interior do autobús e nos espazos interiores que poidan ser obxecto de visita.

Durante a ruta a pé:

Non perdas o contacto visual cos integrantes do grupo que te preceden. Antes de que suceda, alerta a ás/s persoa/s que estén máis cerca por diante para que estes á súa vez o transmitan ao guía principal. No caso de que sucedera, espera aos que estén por detrás. Se tampouco contactas con eles, quédate no lugar no que estés ou, se tes total seguridade, desplázate ao último lugar no que tiveches contacto co grupo. Os guías retrocederán polo mesmo camiño realizado. Se tes teléfono móvil e cobertura chama ao teléfono 630 283 440.

Presta atención ao recorrido, cruces e bifurcacións. Anque os guías estarán pendentes destes puntos, colabora estando atento a eses lugares conflictivos. Se tes dudas e perdiches o contacto visual non elixas un itinerario a chou. Non te apartes do grupo sen avisar durante o recorrido a pé. Se precisas aparterte do grupo, anque creas que vas tardar pouco, diríxete ao guía máis cercano e infórmao de viva voz.

Atende as recomendacións e pautas xerais e puntuais do guía/s. É moi importante seguir fielmente estas indicacións anque che parezan innecesarias, exaxeradas.

Non te ausentes sen información nas paradas en pobos ou durante as comidas Anque o guía trasmitirá a natureza da parada, tempo e punto de reencontro, infórmate se por calquera razón descoñeceras esta información. Cumple os horarios que se comuniquen. Por respeto ao resto do grupo que é puntual e para evitar acumulacións de retrasos que poidan provocar o normal cumprimento do programa previsto e mesmo dalgunhas opcións non descritas pero que se poidan realizar se hai tempo.

Respecta a natureza, segue os sendeiros e camiños. Non hai ningunha necesidade de erosionar o campo se hai un sendeiro craro elexindo vías alternativas próximas xa sexa porque queiramos acortar ou atallar o recorrido.


•11  ¿Que roupa e complementos necesito?

EN TODO CASO NORMA XERAL (APLICAR SEMPRE)

Debes de ir preparado para as peores condicións climatolóxicas que se coñezan neses momento do ano na zona onde se desenvolva a excursión. É mellor levar equipo de máis e se unha vez na zona cres que non o vas usar, sempre poderás deixalo no autocar.

IMPRESCINDIBLE EN CALQUERA EXCURSIÓN

Botas de sendeirismo ou calzado robusto que protexa os nocellos e teña sola de goma con debuxo.

Mochila con:

·         Un pequeno botiquín e un chaleco reflectante básico.

·         Un chubasqueiro xa que ás veces é imprevisible o que poida pasar.

·         Unha sudadeira

·         Unhas gafas de sol

·         Crema labial

·         Crema solar

·         Unha viseira

·         Panos de papel

·         Bolígrafo y papel

·         Bolsas de plástico para que en caso de lluvia no se estropeen los objetos anteriormente mencionados.

·         Unha navalla.

·         O teléfono móbil coa batería cargada.

·         Comida, sobre todo froita, froitos secos, chocolate ou barriñas enerxéticas.

·         Auga .

·         Un mecheiros.

·         Un frontal ou unha pequeña linterna.

INVERNO

Pantalóns longos, camiseta térmica, forro polar medio/groso ou xersey groso, chaqueta cortaventos impermeable ou anorak ou equivalente. Braga ou bufanda e luvas. 

Procura utilizar prendas sintéticas de fibras térmicas ou equivalentes; son máis lixeiras, secan antes e conservan mellor o calor.

ACONSELLABLE 
Leva calcetíns e camiseta de reposto. 

Se estreas botas, leva un calzado de reposto máis cómodo.

Axusta a mochila ben pegada ás cóstas e sitúa dentro o que máis pese xunto ao corpo e na parte superior da mochila procurando evitar o efecto palanca.

Conta coa auga suficiente ( 1 litro en inverno e 1,5 a 2 litros no verán). 

Procura tomar un almorzo enerxético con alta porcentaxe de hidratos de carbono. Segue estas instrucións e disfrutarás máis das excursións.


• 12 ¿Que normas hai que cumplir durante as actividades?

Organizar un grupo tan numeroso conleva que, para un bo funcionamento e convivencia entre os membros, existan normas de obrigado coñecemento e cumprimento por TODOS.

Vaia por diante que sabemos que son obvias para todos e que a maioría xa os coñece por sentido común, o que agradecemos.

PUNTUALIDADE: A hora de partida é a mesma en todas as paradas (agás na Saínza, que deberás estar, previo aviso, 15 minutos antes). Tendo feito o reconto de asistentes en cada parada, non se esperará por ninguén. E, polo ben de todos, no caso de non poder vir, danos unha chamada ou sms para avisar e non facernos perder tempo a todos.

Según normativa vixente deberás utilizar o cinto de seguridade sempre que o autobús conte con eles.

SEGURO: O prezo da inscrición inclúe un seguro persoal para cada roteiro cuxa póliza levamos descargada para a súa posible utilización. Os organizadores dispoñemos tamén de Seguro de Responsabilidade Civil.

DISPOÑIBILIDADE: Evitarás acodir ás rutas cando teñas un compromiso particular ou laboral que nos faga voltar a unha hora determiñada á nosa casa. Via Auria valorará, naturalmente, causas que consideremos de forza maior e, en ningún caso, se fará responsable dos gastos persoas ocasionados porque teñas que volver polos teus medios.

IDEOLOXÍAS: En Via Auria temos cabida todos os maiores de idade e menores acompañados por un adulto, sen discriminar a ninguén por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condiciónn ou circunstancia persoal ou social. O nexo común será o obxecto que persegue Via Auria: coñecer Galicia cos cinco sentidos e a consigna, facelo con respecto e civismo. É moi importante que o bo humor nos acompañe ao longo da xornada, pero sempre dentro dunha orde e sen molestar ao resto do grupo ou ás persoas ou animais das zonas polas que pasamos.

Invitamos a quen veña con idea de practicar só deporte, a que opten por unha das numerosas ofertas de sendeirismo deportivo que tan dignamente se ofrecen noutras asociacións ou empresas, deixando así prazas libres para as persoas que realmente queren vir a compartir coñecementos e disfrutar da natureza, mentres camiñan nun ambiente cordial e relaxado.

RESPECTO AO ENTORNO: Seremos en todo momento respectuosos coa natureza. Non mutilaremos prantas, frores, etc. Non faremos “a compra de balde” polas hortas, frutais, parras, etc. Non abandoaremos lixo (nin xiquera biodegradable). Non cruzaremos nin entraremos en propiedades privadas e lugares no que esté restrinxido o acceso.

Comportémonos sempre con correción e respecto tanto a elementos históricos ou arqueolóxicos ocmo a lugares de culto anque non sexamos creentes ou practicantes. Se non sabes como, pregunta.

FOTOS E VÍDEOS: É conveniente preguntar se ao suxeito do que queremos tomar imaxes ou que se atopa "a tiro" da nosa cámara, lle molesta que o fagamos, ben sexa outro excursionista, ben sexa outra ou outras persoas que atopemos en ruta. Hai xente que rexeita ser grabada ou fotografada e cadaquen tén dereito á súa propia imaxe.

TONO DE VOZ: O ruído tamén contamina. Empregaremos un tono de voz discreto.

No autocar: debemos respectar que algunha xente queira durmir ou sinxelamente viaxar tranquilo e, se non che interesa o contido dos dvd's, polo menos gardarás silencio por respecto ao resto da audiencia e, no caso dos editados por Via Auria ou calquera outro participante, tamén aos autores.

No roteiro a pé: Se vas berrando ou falando nun tono demasiado alto, podemos perdernos o avistar unha grande cantidade de animais en libertade que fuxirán e se agacharán, ademáis de molestar a quen opte por ir escoitando explicacións, disfrutando do silenzo ou compartindo os seus coñecementos con todos nós, o cal tamén agradecemos.

En lugares cerrados: Sexa en cafeterías, museos, centros de interpretación, monumentos, restaurantes, etc. xa que estaríamos molestando ao resto e dando unha pésima imaxe.

TRAMOS DE ESTRADA: Se non queda máis remedio que andar uns metros por unha estrada, fagámolo en fila india e sempre vendo de fronte aos vehículos que pasan máis cerca de nós.

DEREITO DE ADMISIÓN: Non admitiremos a toda aquela persoa que contraveña das presentes normas, posto que xeraría mal ambiente, ademáis de que todos seríamos inxustamente calificados "polo mesmo raseiro" cando afectase a outras persoas físicas ou xurídicas. Mesmo, dependendo lda gravedade ou persistencia en determiñadas actitudes, nos plantexaríamos a fin definitiva de Via Auria.

 

• 13 ¿Saímos se chove?

Sí. O que chova durante unha excursión é algo que entra dentro do normal.  As sensacións son  distintas ás dun día apacible e soleado.

En calquera caso, hai que ir sempre ben preparado con roupa impermeable; por exemplo: capa, ou prenda de goretex.

Por outra parte, España é un país de microclimas e en poucos kilómetros poden cambiar as condicións atmosféricas.

É por esa razón que, malia a predicións meteorolóxicas adversas, a maioría das ocasións disfrutamos de días como moito neboados ou de febles e eporádicas precipitacións. No caso de que debido a condicións meteorolóxicas fora aconsellabe realizar o recorrido proposto, variaríase parte ou a totalidade del e mesmo se podería substituir por outro máis adecuado.

 

• 14 ¿Que dificultade teñen as excursións?

Baixa. RITMOS, TRAZADO DO RECORRIDO: Serán decididos exclusivamente por Ángel e Elena, non podendo os participantes tomar tramos alternativos e menos sen comunicarllo previamente e de forma directa a Ángel ou chamando ao Tel. 630283440, que irá operativo en ruta. Ademáis, é recomendable e de agradecer, non lanzarse a toda velocidade por diante do guía porque as nosas rutas conteñen partes inéditas e son rediseñadas por nós, tanto en trazado como en orientación, tendo en conta o perfil dos participantes e consonte á distribución dos tempos que os organizadores teñamos programados.


• 15 ¿Que interese teñen os recorridos?

Tratamos de dar a coñecer os costumes, gastronomía, lendas e historia de Galicia e zonas limítrofes, co ánimo de favorece-la formación dunha conciencia para a defensa e mellora do contorno suliñando o firme propósito de coñecer para respectar e, se é posible, recuperar. Para iso, tentamos poñer en relación elementos de interés paisaxístico, xeográfico, xeológico, biolóxico, histórico/artístico e cultural. En menor ou maior medida e dependiendo da súa importancia, éstos desenvólvense no autocar ou durante a excursión. 


• 16 ¿Onde se come?

O xantar realízase durante a excursión no momento decidido polo guía dentro dos horarios habituais de comida e no lugar máis apropiado. O tempo que se da depende das circunstancias, alongándose cando é un día apacible, agradable e a programación da ruta o permite.


• 17 ¿Teño que levar a comida?

Normalmente xantamos de bocata. Cada un leva o seu xantar e cómese de campo. A comida e auga corre pola conta de cada participante. Podes traela da casa ou mercala na parada que para iso realizamos co autocar antes de empezar a camiñar, sempre que houbera esa posibilidade.

No pouco probable caso de que coincida no momento do xantar que hai algún restaurante na zona, indicarémolo para que contactes con eles se queres reservar, pagando o xantar pola túa conta.


• 18 ¿Hai perigo nas excursións?

Cadaquén deberá de ser consciente e asumir baixo a súa responsabilidade os perigos potenciais que conleva a práctica do sendeirismo: escordaduras, esvaróns, caídas, golpes, inclemencias meteorolóxicas, extravíos no monte, caídas de pedras, ataques de animais... Pódense dar momentos nos que hai que seguir estrictamente as indicacións dos guías reducíndose neses casos o perigo ao mínimo.

LIMITACIÓNS PERSOAIS: Cadaquen debe valorar e responsabilizarse das súas propias limitacións físicas, sobre todo, para non entorpecer a marcha dos demáis ou hipotecarlles a xornada de ruta. Polo tanto, queda eximida Via Auria da responsabilidade polos contratempos que ocasiones ao grupo e danos corporais derivados de accidente ou enfermidade que poideran ocorrirche no transcurso das rutas. Recordamos que cada participante leva un seguro para cada roteiro, incluído na inscrición.

  

Entradas populares